Sunday 12 de May de 2024

O Concello da Pobra pon en marcha unha enquisa participativa para a mellora do mercado municipal


Mellora-lo funcionamento do mercado municipal para que se converta nun punto de referencia no sector da alimentación. Esta é a razón pola que a Concellaría da Promoción Económica lanza unha enquisa participativa a este respecto integrada por un total de once preguntas que aporten información de interese para que a Administración local acade a súa finalidade. Aquí, a cidadanía poderá facer unha valoración e sinala-los servizos que bota en falta.

 

A concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, xunto coa técnica municipal desta área, Sara Sánchez, manifestou que os datos tamén servirán para executar accións focalizadas na dinamización económica e no incentivo das compras do comercio de proximidade, ademais de coñece-los perfís da clientela e persoas non compradoras.

 

As enquisas poderanse cubrir e depositar ata o mércores da vindeira semana na propia praza de abastos e en establecementos comerciais e hostaleiros. Tamén se pode cumplimentar de maneira telemática mediante o código QR do stand situado no mercado ou na seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSelvs8GskZHGziAFiDYC4A1ZeVCAyRnxShD7LtkNF005apwUw/viewform?pli=1.